Programa
Creando
equipos e proxectos empresariais
cara a
economía social

IN TEAMS é un programa de emprendemento que busca favorecer a creación de equipos e proxectos empresariais que traballarán sobre ideas de negocio ou resultados de investigación do Campus Crea para crear proxectos empresariais viables que se constitúan en entidades de economía social.
Crear proxectos empresariais en base a túa idea de negocio ou conforme a resultados de investigación do Campus Crea da UVigo.
Compartir coñecementos, competencias e habilidades cun equipo multidisciplinar.
Formación especializada, orientada a mellorar capacitación empresarial, sectorial e as habilidades soft-skills das persoas participantes.
Apoio dun mentor/a experto/a que che axude a construír un proxecto empresarial viable.
Espazos de traballo colaborativo virtuais e físicos para desenvolver un proxecto empresarial xunto ao teu equipo de traballo.
Evento de presentación das persoas integrantes dos equipos e asignación de ideas propias das persoas participantes ou dos resultados de investigación.
Sesións formativas de asesoramento para o desenvolvemento do plan de empresa e para a mellora da capacitación das persoas.
Puntos de control con mentores/as especializados/as.
Documento avaliativo polo Comité coordinador.
Acto de defensa do plan de empresa en outubro de 2022. As persoas integrantes do grupo defenderán o proxecto ante un xurado.
Evento de entrega de premios ao primeiro e segundo mellor proxecto.
INSCRÍBETE:
Ata o 16 de setembro de 2022 ás 23:59h
*A data poderá modificarse por requerimiento da convocatoria
Financia:
Organizan: